Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 1995 Páx. 3.533

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 1995 pola que se anuncia a licitación polo sistema de poxa con admisión previa da obra de clave N/PO/90.4.3.1.

Obra: enlace a distinto nivel no p.k. 16+636 da vía rápida Pontevedra-Sanxenxo.

Clave: N/PO/90.4.3.1.

Orzamento: corenta e un millóns catrocentas cincuenta e seis mil cincocentas quince pesetas (41.456.515).

Prazo de execución: 3 meses.

Clasificación: grupo A, subgrupo 2, categoría d. Grupo B, subgrupo 2, categoria d. Grupo C, subgrupo 4, categoría d.

Fianza provisional: 829.130.

(Declarada urxente con base no establecido no artigo 26 da Lei de contratos do Estado).

Documentos de interese para os licitadores:

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

Garantías que se esixen ós licitadores:

Esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no Real decreto 1883/1979 e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita fianza poderá ser presentada na modaIidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

Modelo de proposición:

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se adxunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo e lugar para a presentación de proposicións:

As proposicións haberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo quinto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Apertura das proposicións:

A apertura das proposicións realizarase pola Mesa de Contratación ás once horas do sexto día hábil que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

Documentos que deben presenta-los licitadores:

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares. O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda