Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 1995 Páx. 3.467

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 1995 pola que se anuncia concurso de asistencias técnicas.

A Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Pontevedra resolve convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso e procedemento de urxencia:

Obxecto: contratación de asistencias técnicas que figuran na relación, de acordo coas bases e pregos aprobados para iso.

O orzamento, prazo de execución e clasificación dos contratistas serán os que se sinalan na relación.

Fianza provisional: exenta.

Fianza definitiva: 4% sobre importe de orzamento.

Exposición de pregos: estarán de manifesto nos servicios de Contratación e Estructuras e Desenvolvemento Rural desta delegación (rúa Benito Corbal 47, Pontevedra), de 9 a 14 horas, durante o prazo de presentación de proposicións.

Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG e rematará ás 12 horas do décimo quinto día hábil seguinte ó da publicación.

Lugar de presentación de proposicións: o rexistro da delegación provincial, e man, ou enviaranse por correo ó Servicio de Contratación desta delegación (rúa Benito Corbal 47, Pontevedra), coas formalidades que determina o artigo 100 do Regulamento xeral de contratación modificado polo Real decreto 2528/1986.

Documentación a presentar polos licitadores: a que se sinala nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: ás 10 horas do décimo día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de poroposicións, que non cadre a sábado.

Gastos de publicación: por conta dos adxudicatarios.

1ª.-Título proxecto: colaboración de servicios técnicos para o levantamento de planos parcelarios e altimétricos por topografía clásica na zona de Barciademera (O Covelo-Pontevedra).

-Clave: 52113023.

-Orzamento: 12.445.611 ptas.

-Prazo de execución: doce meses.

-Clasificación contratista: categoría A, grupo I, subgrupo 1.

2º.-Título proxecto: colaboración de servicios técnicos para o levantamento de planos parcelarios e altimétricos por topografía clásica na zona de Paradela (Meis-Pontevedra).

-Clave: 52128024.

-Orzamento: 10.195.013 ptas.

-Prazo de execución: doce meses.

-Clasificación contratista: categoría A, grupo I, subgrupo 1.

3º.-Título proxecto: colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación das bases provisionais de concentración parcelaria na zona de Pereira (Forcarei-Pontevedra).

-Clave: 52118025.

-Orzamento: 10.424.519 ptas.

-Prazo de execución: doce meses.

-Clasificación contratista: categoría A, grupo I, subgrupo 4.

4º.-Título-proxecto: colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación das bases provisonais de concentración parcelaria na zona de Aguasantas-Valongo (Cotobade-Pontevedra).

-Clave: 52112039.

-Orzamento: 18.118.806 ptas.

-Prazo de execución: doce meses.

-Clasificación contratista: categoría A, grupo I, subgrupo 4.

5º.-Título proxecto: colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación do proxecto de concentración parcelaria da zona de Oroso (A Cañiza-Pontevedra).

-Clave: 52109040.

-Orzamento: 15.190.013 ptas.

-Prazo de execución: doce meses.

-Clasficación contratista: categoría A, grupo I, subgrupo 4.

6º.-Título proxecto: colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación do proxecto de concentración parcelaria da zona dos Panascos (Tomiño-Pontevedra).

-Clave: 52154045.

-Orzamento: 18.069.166 ptas.

-Prazo de execución: doce meses.

-Clasificación contratista: categoría A, grupo I, subgrupo 4.

7º.-Título proxecto: colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación das bases provisionais de concentración parcelaria na zona de Prado-Godóns (O Covelo-Pontevedra).

-Clave: 52113046.

-Orzamento: 22.040.411 ptas.

-Prazo de execución: doce meses.

-Clasificación contratista: categoría A, grupo I, subgrupo 4.

8º.-Título proxecto: colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación das bases provisionais de concentración parcelaria na zona de Troans (Cuntis-Pontevedra).

-Clave: 52115047.

-Orzamento: 19.128.163 ptas.

-Prazo de execución: doce meses.

-Clasificación contratista: categoría A, grupo I, subgrupo 4.

9º.-Título proxecto: colaboración de servicios técnicos para o levantamento de planos parcelarios e altimétricos por topografía clásica na zona de Saiar (Caldas de Reis-Pontevedra).

-Clave: 52105048.

-Orzamento: 14.119.131 ptas.

-Prazo de execución: doce meses.

-Clasificación contratista: categoría A, grupo I, subgrupo 1.

10º.-Título proxecto: colaboración de servicios técnicos para o levantamento de planos parcelarios e altimétricos por topografía clásica na zona de Oleiros (Silleda-Pontevedra).

-Clave: 52152050.

-Orzamento: 7.922.461 ptas.

-Prazo de execución: doce meses.

-Clasificación contratista: non é esixida.

11º.-Título proxecto: colaboración de servicios técnicos para o levantamento de planos parcelarios e altimétricos por topografía clásica na zona de Besexos (Vila de Cruces-Pontevedra).

-Clave: 52159051.

-Orzamento: 7.648.776 ptas.

-Prazo de execución: doce meses.

-Clasificación contratista: non é esixida.

Pontevedra, 2 de maio de 1995.

Manuel Abeledo López

Delegado provincial de Pontevedra