Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 09 de maio de 1995 Páx. 3.422

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto da liña M. T. ó C. T. de Gándara, concello da Guarda, a favor da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. (Expediente número 73/1989 A.T.).

En cumprimento do ordenado no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, en relación co artigo 31.6º do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de octubro, fáiselles saber, a tódolos interesados afectados pola execución do proxecto de referencia, do que foi outorgada a urxente ocupación polo Decreto 78/1995, do 10 de marzo (DOG nº 57, do 22-3-1995), que o día 9-5-1995, a partir das 11 horas, o representante da administración dera comezo ó levantamento sobre o terreo das actas previas á ocupación, correspondentes ós predios situados no concello da Guarda sinalados cos números que en folla adxunta se detallan.

Na respectiva notificación individual que mediante cédula se lles practicará os interesados serán admitidos coa debida anticipación legal do día e hora en que para cada un terá lugar a dita dilixencia.

Nos ditos actos poderán facerse acompañar dos seus peritos e dun notario, a súa custa, se así o consideran conveniente.

A relación será fixada no taboleiro de anuncios do concello e nos desta delegación.

Vigo, 3 de abril de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS