Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 09 de maio de 1995 Páx. 3.416

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 1995 pola que se modifica parcialmente a resolución deste centro directivo do 14 de setembro de 1993 pola que se resolve o concurso-oposición libre para o ingreso nos distintos corpos, escalas, subescalas, clases e especialidades de persoal sanitario funcionario ó servicio da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 24 de xullo de 1992.

Visto o escrito do 7 de abril de 1995, presentado por Pedro Díaz Díaz, e os de 17 de abril de 1995, presentados por María del Carmen Silva Castro e María José Juncal Alves, nos que solicitan a modificación da resolución deste centro directivo do 14 de setembro de 1993 (DOG nº 184, do 23 de setembro) pola que se resolve o concurso-oposición libre para o ingreso nos distintos corpos, escalas, subescalas, clases especialidades de persoal sanitario funcionario ó servicio da Comunidade-Autónoma de Galicia, convocado por Orde do 24 de xullo de 1992, procede contesta-lo seguinte:

ANTECEDENTES DE FEITO:

Primeiro.-Tal e como manifestan os interesados nos seus escritos, por orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 20 de xaneiro de 1995 (DOG nº 46, do 7 de marzo, e corrección de erros no DOG nº 60, do 27 de marzo), procedeuse ó cumprimento da sentencia dictada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 24 de outubro de 1994 nos recursos contencioso-administrativos números 863, 864, 865 e 866/1991, acumulados, modificándose a resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade do 22 de maio de 1991 pola que se resolvía o concurso-oposición libre para o ingreso no cuerpo facultativo de Grao Medio da Xunta de Galicia, escala sanitaria de atención primaria e especializada, subescala de atención primaria, clase de practicantes titulares, convocado pola Orde do 9 de novembro de 1990.

Segundo.-Como consecuencia da dita Orde do 20 de xaneiro de 1995, de execución da indicada sentencia, acórdase que tales aspirantes que no superaran o citado concurso-oposición para a clase de practicantes titulares convocado pola Orde do 9 de novembro de 1990, a saber, María Paz de Paz Giao, María Rosario López Pampín e Benjamín Rodríguez Abad, ou superen cos números 221, 223 e 256, respectivamente. Ademais, tamén como consecuencia da execución da devandita sentencia, modificouse o número outorgado a Manuela Mourelle Mosqueira, que pasou a se-lo 271, aínda que ela xa superara o devandito concurso-oposición.

Terceiro.-As persoas indicadas, Benjamín Rodríguez Abad, María Rosario López Pampín e María Paz de Paz Giao, por este orde, obtiveron os números 1, 2 e 3 no concurso-oposición convocado para a clase de practicantes titulares pola Orde do 24 de xullo de 1992 (DOG nº 148, do 31 de xullo), segundo consta no anexo XVII da resolución deste centro directivo do 14 de setembro de 1993 pola que se resolve o mesmo, e foron nomeados funcionarios pola Orde do 7 de abril de 1994 -anexo XVI- (DOG nº 75, do 20 de abril).

Cuarto.-Deste xeito, o número de aspirantes que superaron o citado concurso-oposición convocado pola Orde do 24 de xullo de 1992 foi de 22 e non de 25.

Quinto.-Por último, alegan os solicitantes que tanto as normas daquela convocatoria como o Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma, impiden ós tribunais aprobar a un número superior ás prazas convocadas. Sen embargo, obrigan ó tribunal a declarar aprobados no concurso-oposición todos aqueles aspirantes que, superando a fase de oposición, obteñan, neste suposto, as 25 mellores puntuacións unha vez sumada a obtida na fase de concurso. De aí que, habendo máis de 25 aprobados na fase de oposición e quedando reducido a 22 o número de aspirantes que superaron o concurso-oposición por aplicación da sentencia citada e da súa orde de execución, resulta necesario completar ata 25 a relación de aspirantes, sempre que os tres ós que inicialmente se asignou os números 26, 27 e 28 -aquí interesados- superasen a fase de oposición, o que así ocorreu e, como consecuencia de todo iso, solicitan que se modifique

a resolución do dito concurso-oposición convocado pola Orde do 24 de xullo de 1992.

Sexto.-Solicitado informe á asesoría xurídica, esta emíteo con data 21 de abril de 1995 en sentido favorable ás pretensións dos interesados.

CONSIDERACIÓNS XURÍDICAS:

Primeira.-Este centro directivo é competente para coñecer e decidi-la cuestión formulada, non só en virtude das facultades que ten atribuídas no Decreto 199/1994, do 16 de xullo (DOG nº 123, do 28 de xullo), e na Orde do 15 de setembro de 1994 (DOG nº 191, do 3 de outubro), sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do dito organismo, senón tamén de conformidade co establecido na base oitava, parágrafo segundo, da Orde do 24 de xullo de 1992 que convoca o concurso-oposición.

Segunda.-Contrastados tódolos antecedentes de feito alegados, en especial ó relativo á superación polos interesados da fase de oposición, o que si queda demostrado, ó ter obtido os tres máis do cincuenta por centro dos puntos alcanzables no conxunto dos exercicios que conforma a fase de oposición (tal e como se esixe no apartado 3 da base sexta da Orde de convocatoria e o artigo 3 da Orde do 26 de outubro

de 1990 -DOG nº 221, do 9 de outubro- pola que se aproba o sistema de acceso a corpos e escalas de persoal sanitario ó servicio da Comunidade Autónoma, que a teor da base primeira, parágrafo quinto, é aplicable ó concurso-oposición), é dicir, máis de 120 puntos, xa que Pedro Díaz Díaz obtén 192,6 puntos, María del Carmen Silva Castro, 196,6 puntos, e María José Juncal Alves, 186 puntos, o realmente determinante para dilucida-la cuestión formulada consiste en coñecer se o dereito que rexeu o concurso-oposición convocado pola Orde do 24 de xullo de 1992 ampara o peticionado polos interesados.

Terceira.-Da análise do apartado 3 da base sexta e do anexo I da convocatoria extráense claramente as seguintes consecuencias:

a) Que se convocan 25 prazas da clase de practicantes titulares.

b) Que a fase de oposición se considerará superada polos que obteñan o cincuenta por cento ou máis dos puntos alcanzables na fase de oposición.

c) Que a puntuación obtida na fase de concurso se computará unicamente se se supera a fase de oposición.

O resto da normativa que, segundo o parágrafo quinto da base primeira da citada convocatoria, é aplicable ó dito concurso-oposición no só non contradí senón que avala o afirmado e, en especial, a xa citada Orde do 26 de outubro de 1990.

Cuarta.-Así as cousas, é evidente que o tribunal non tiña unha facultade discrecional para, se o considerara oportuno, declarar que superaron o concurso-oposición menos de 25 aspirantes. Ó contrario, unha vez que superaron a fase de oposición máis de 25 aspirantes (de feito fixérono 177), o tribunal, unha vez computada a fase de concurso, debía limitarse a seleccionar ós 25 mellores, estando suxeito, nesta materia, a un automatismo «ope legis».

Quinta.-Como consecuencia disto, tal e como se recolle no informe emitido pola asesoría xurídica, se na resolución do concurso-oposición convocado se ofertaran 25 prazas e delas quedan tres sen ocupar como consecuencia da execución da sentencia aludida, é indubidable que debe completarse o número dos seleccionados no concurso-oposición ata completa-lo número das prazas ofertadas, é dicir, 25, debéndose modificar, en tal sentido e como un efecto sobrevido como consecuencia da execución dunha sentencia sobre un proceso selectivo anterior, a proposta inicial do tribunal e a resolución desta centro directivo do 14 de setembro de 1993, así como acorda-las medidas de orde práctica pertinentes para o nomeamento dos interesados como funcionar os da clase de practicantes titulares.

Por todo o que antecede, este centro directivo resolve estima-las peticións de Pedro Díaz Díaz, María do Carmen Silva Castro e María José Juncal Alves e, como consecuencia diso,

ACORDA:

Primeiro.-Modifica-lo anexo XVII da resolución desta dirección xeral do 14 de setembro de 1993, publicada no Diario Oficial de Galicia número 184, do 23 de setembro de 1993, pola que se resolve o concurso-oposición libre para o ingreso nos distintos corpos, escalas, subescalas, clases e especialidades de persoal sanitario funcionario ó servicio da Comunidade Autónoma, convocado pola Orde do 24 de xullo de 1992, incluíndo no dito anexo, correspondente ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, escala sanitaria de atención primaria e especializada, subescala de atención primaria, clase de practicantes titulares, cos números 23, 24 e 25, respectivamente, a Pedro Díaz Díaz (DNI nº 33.808.609), María del Carmen Silva Castro (DNI nº 35.285.187) e María José Juncal Alves (DNI nº 35.291.920), e todo isto sen prexuízo da modificación da citada resolución efectuada como consecuencia da Orde do 20 de xaneiro de 1995.

Segundo.-Dado o estado de execución do concurso de traslados da clase de practicantes titulares convocado pola Resolución do 16 de decembro de 1994 (DOG nº 242, do 19 de decembro) no que os interesados, unha vez nomeados funcionarios, deberán participar obrigatoriamente na segunda fase, concédeselles un prazo de cinco días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para que no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais ou no das súas delegacións provinciais ou no das direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde presenten os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada do título esixido na base segunda da convocatoria do concurso-oposición levado a cabo pola Orde do 24 de xullo de 1992.

b) Declaración xurada de non estar separado, mediante expediente disciplinario, de ningunha Administración pública, nin inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

c) Certificado médico en modelo oficial, acreditativo de non estar afectado por limitacións físicas ou psíquicas que imposibiliten para o desempeño das funcións correspondentes ó posto de traballo que ten que desempeñar.

d) Declaración xurada ou promesa de que non incorre en incompatibilidades conforme á lexislación vixente.

Os que teñan a condición de funcionarios estarán exentos de xustificar documentalmente as condicións e demais requisitos xa probados para obte-lo seu anterior nomeamento e deberán presentar certificación da consellería ou organismo de que dependan para acreditar tal condición, con expresión do número e importe de trienios, así como a data de cumprimento.

Terceiro.-Advírteselles ós interesados que a presente resolución é definitiva e pon fin á vía administrativa, podendo interpoñerse contra ela recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Supe

rior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte ó da súa notificación.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 1995.

Carlos Negreira Souto

Director xeral de Recursos Humanos