Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 05 de maio de 1995 Páx. 3.313

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 1995 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de química física, do departamento de Química Pura e Aplicada, a Alejandro Fernández Novoa.

Consonte coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo, de 29 de marzo de 1994 (BOE do 19-4-1994), para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de química física, do departamento de Química Pura e Aplicada da Universidade de Vigo, a prol de Alejandro Fernández Novoa, DNI nº 76.704.464, e cumprindo o interesado os requisitos a que alude o apartado 2º do artigo 5º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Alejandro Fernández Novoa profesor titular de universidade da área de coñecemento de química física, do departamento de Química Pura e Aplicada da Universidade de Vigo.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo de un mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa poderán os interesados logo de comunicar a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 21 de marzo de 1995.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO

DE COMPOSTELA