Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 04 de maio de 1995 Páx. 3.231

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VALDOVIÑO

EDICTO.

Polo presente edicto sométese a información pública, polo prazo de oito días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no último dos diarios oficiais preceptivos, os pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas, que rexerán o contrato de asistencia técnica para a actualización do inventario de bens do Concello de Valdoviño, para efectos de presentación de reclamacións.

Ó mesmo tempo anúnciase a correspondente licitación por concerto directo que se suspenderá no caso de se presentar reclamacións contra os pregos.

Obxecto do contrato: realización do traballo titulado «Actualización do inventario de bens do Concello de Valdoviño».

Prazo de execución do contrato: 4 meses a partir da data de formalización do contrato.

Orzamento: o orzamento máximo ascende á cantidade de tres millóns cincocentas mil pesetas (3.500.000 ptas.).

Fianzas e garantías: antes da formalización do contrato, o adxudicatario deberá presentar unha fianza do catro por cento do importe da adxudicación definitiva que poderá tramitarse en forma de aval.

Presentación de proposicións: os licitadores deberán presenta-las súas ofertas no rexistro do concello no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó último dos anuncios publicados, en caso de presentalas por correo só se terán en conta as que se reciban antes da finalización do prazo sinalado; aínda que a licitación será aprazada cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións ós pregos.

Apertura de proposicións: a forma de adxudicación adoptada para a contratación é a de concerto directo.

Os poderes e documentos acreditativos da personalidade xuntaranse á proposición verificados na súa suficiencia pola Secretaría da Corporación, e para o dito efecto deberán ser presentados previamente cunha anticipación mínima de vintecatro horas á entrega da proposición. A apertura será realizada ós cinco días hábiles ó de remate da presentación de proposicións (se coincidise en sábado trasladarase ó día hábil seguinte), en acto público ás 12 horas da mañá no salón de sesións da Casa do Concello.

Modelo de proposición:

Don/Dona..., veciño/a de..., con domicilio en..., DNI nº..., en plena posesión da súa capacidade xurídica e de obrar, en nome propio (ou en representación de...) solicita tomar parte na contratación da asistencia técnica por concerto directo:

-Que ofrece o prezo de... ptas., que significa unha baixa de... en relación co tipo de licitación.

Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións do presente contrato.

-Que achega nos correspondentes sobres a documentación esixida no prego de condicións.

En... o... de... de 1995.

Anexo II. Modelo de sobres.

-Sobre A: oferta económica.

Proposición económica para tomar parte na contratación por concerto directo da asistencia técnica presentada.

En... o... de... de 1995.

Será asinado o reverso polo presentador, e contra entrega poderase expedir recibo de certificación.

-Sobre B: documentación.

Documentación para tomar parte na contratación por concerto directo da asistencia técnica... presentada por...

En... o... de... de 1995.

Será asinado o reverso polo presentador, e contra entrega, poderase expedir recibo de certificación.

-Sobre C: referencias técnicas.

Xustificante da capacidade financeira económica e referencias técnicas para tomar parte na contratación por concerto directo da asistencia técnica... presentada.

En... o... de... de 1995.

Será asinado o reverso polo presentador, e contra entrega, poderase expedir recibo de certificación.

Valdoviño, 9 de marzo de 1995.

Delfín Fidalgo Fernández

Alcalde