Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 04 de maio de 1995 Páx. 3.228

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 21 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se somete a información pública a admisión definitiva do P.I. Rubén, número 4756.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Ourense, dá a coñecer que Berta Núñez Gallego, presentou nesta delegación o 14 de novembro de 1994, instancia-solicitude do P.I. Rubén número 4756 de 28 cuadrículas mineiras para recursos de sección C, nos concellos de Petín, A Rúa de Valdeorras e Vilarmartín de Valdeorras (Ourense).

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 17º 05' 40''42º 23' 20''

Vértice 27º 03' 20''42º 23' 20''

Vértice 37º 03' 20''42º 22' 00''

Vértice 47º 05' 40''42º 22' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente, agás mellor dereito, e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público, para que, calquera que se considere afectado, interpoña reclamación no prazo de 15 días hábiles, nesta delegación provincial, pasado o prazo non se admitirá oposición ningunha.

Ourense, 21 de marzo de 1995.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense