Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 04 de maio de 1995 Páx. 3.227

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 129/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T., C.T. e R.B.T. que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: nas inmediacións do C.T. Rodeira ata o C.T. que se proxecta na paria Canabal, concello de Cangas.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., aéreo-soterrada, a 10/20 kV, sendo o tramo aéreo de 15 m, con conductor tipo LA-56, e o tramo soterrado de 545 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 10/20 kV-80/220 V.R.B.T., de 115 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.

Orzamento: 17.427.000 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 23 de marzo de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado Provincial de Pontevedra