Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 03 de maio de 1995 Páx. 3.196

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO do 3 de marzo de 1995 polo que se convoca a praza de xuíz de paz substituto de Mesía.

Ó non ser elixido polo Concello de Mesía (A Coruña) xuíz de paz substituto da dita localidade, convócase para que, no prazo de 15 días computados a partir da publicación deste edicto no Diario Oficial

de Galicia, cantos teñan interese en aspirar ó cargo de xuíz de paz substituto de Mesía (A Coruña), manden unha instancia á Presidencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na Coruña, facendo consta-lo seguinte:

1. Nome, apelidos, idade, profesión e domicilio.

2. Se desempeñou o cargo de xuíz de paz ou substituto.

3. Méritos que estime que pode facer valer.

O que se fai público en cumprimento do acordo da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, para coñecemento de cantos se interesen en solicita-la indicada praza.

A Coruña, tres de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

Vicente Fernández Riera

Secretario da Sala de Goberno do Tribunal

Superior de Xustiza de Galicia