Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 03 de maio de 1995 Páx. 3.193

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, pola que se anuncia concurso para a contratación directa da asistencia técnica ó programa Eurodisney-95.

Esta secretaría xeral, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-lo concurso para a contratación directa da seguinte asistencia técnica:

Obxecto do contrato: asistencia técnica para a realización e desenvolvemento do programa Eurodisney-95.

Orzamento: 52.000 ptas./praza.

Prazo de execución: do 15 de xullo ó 24 de agosto.

O prego de cláusulas administrativas particulares e o de prescricións técnicas estarán a disposición dos interesados nas dependencias da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, Dirección Xeral de Xuventude, edificios administrativos de San Caetano, s/n, bloque 3º, 1º piso, Santiago de Compostela, así como nas delegacións provinciais daquela.

As proposicións presentaranse segundo modelo oficial no rexistro xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude ou no xeito en que dispón o artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do

Estado, no prazo dos quince (15) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 1995.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia, Muller

e Xuventude