Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 03 de maio de 1995 Páx. 3.193

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a modificación do artigo 4 dos estatutos da Asociación Galega de Empresarios de Ambulancias.

En cumprimento do disposto na normativa legal, vixente sobre depósito de estatutos de asociacións profesionais, e para os efectos previstos nela, faise público que ó correspondente servicio desta dirección xeral foi remitida, o día 23 de marzo de 1995, certificación expedida polo secretario da devandita asociación Pedro Ramón Cuñarro Santas, co visto e prace do seu presidente, na que se reflicte o acordo acadado na asemblea xeral extraordinaria, celebrada o día 17 de marzo de 1995, consistente na modificación do artigo 4 dos estatutos, referente á adquisición da condición de socio.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais