Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 03 de maio de 1995 Páx. 3.189

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 34/1995 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Vigo no que solicita autorización para instalar L.M.T.S., C.T. e R.B.T desde o C.T. Santa Mariña ata o C.T. que se proxecta en grupo escolar Os Olmos, uníndose a L.M.T. ó C.T.

San Bartolomeu, concello de Cambados, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu,

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. a instalación de L.M.T.S., C.T. e R.B.T desde o C.T. Santa Mariña ata o C.T. que se proxecta en grupo escolar Os Olmos, uníndose a L.M.T. ó C.T. San Bartolomeu, concello de Cambados.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Pontevedra, 27 de marzo de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra