Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Vigo no que solicita autorización para instalar L.M.T. desde L.M.T.S. Cambados-Vilanova ata a torre metálica existente, en Terrón, concello de Cambados, e cumpridos os trá
mites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.
O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu,
Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. a instalación de L.M.T. desde L.M.T.S. Cambados-Vilanova ata a torre metálica existente en Terrón, concello de Cambados.
Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.
Pontevedra, 24 de marzo de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra