Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 02 de maio de 1995 Páx. 3.151

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 15 de marzo de 1995 pola que se convocan axudas económicas para a realización de actividades de formación dirixidas ó profesorado de niveis non universitarios da Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 1995 e organizadas polas asociacións e fundacións legalmente constituídas que teñan nos seus estatutos como fin preferente a formación do profesorado e non teñan a consideración de movementos de renovación pedagóxica.

Advertido erro na devandita orde publicada no DOG nº 66, do pasado 4 de abril, cómpre face-la oportuna corrección:

Na páxina 2.536, punto 1, onde di: «... dirixidas a profesores que imparten a súa docencia en niveis universitarios.», debe dicir: «... dirixidas a profesores que imparten a súa docencia en niveis non universitarios».