Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 1995 Páx. 3.138

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 1995, do tribunal que xulga as probas selectivas para o acceso ó corpo de axudantes facultativos de grao medio da Administración especial da Xunta de Galicia, escala de titulados náutico-pesqueiros de vixilancia pesqueira (grupo C), convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 24 de febreiro de 1994, pola que se elevan a definitivas as puntuacións obtidas na fase de concurso.

En sesión mantida o día 19 de abril de 1995 polo tribunal designado para xulga-las probas de acceso á escala de titulados náutico-pesqueiros de vixilancia pesqueira (grupo C) da Xunta de Galicia, convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 24 de febreiro de 1994 (DOG nº 44, do 4 de marzo), acordouse elevar a definitivas as puntuacións obtidas na fase de concurso.

Estas puntuacións atópanse expostas na Dirección Xeral da Función Pública, da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nas delegacións provinciais da dita consellería e nos servicios centrais e delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 1995.

Jesús Espada Martínez

Presidente do tribunal