Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 1995 Páx. 3.105

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución de expediente sancionador EN-27/1994 (espacios naturais).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan, a resolución dos ditos expedientes, por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, da conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

1. Contra a dita resolución, e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo de un mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fora presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta 120.596, do Banco Pastor (0072), oficina principal (0401). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobro pola vía de constrinximento.

Pontevedra, 2 de marzo de 1995.

Manuel Abeledo López

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: EN 27/1994.

Denunciado: Constantino Rodríguez Álvarez.

Último enderezo coñecido: Pardo Bazán, 14, 7º D, Pontevedra.

Feito denunciado: acampar na parte superior da praia Area dos Cans, fóra de zona e ensucia-lo contorno onde se instalou.

Precepto sancionador: artigo 39 da Lei 4/1989, de Conserv. dos espacios Nat. e da flora e F. silvestres, en Rel. coa Orde do 4-7-1994 da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Precepto sancionador: artigo 39 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios Natur. e da flora e F. silvestres.

Sanción: 20.000 que deberá pagar solidariamente con dous denunciados máis no mesmo expediente.