Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 1995 Páx. 3.104

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 7 de marzo de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación para a instalación das liñas eléctricas a 15/20 kV, e centros de transformación en Fortesende, Arteixo, e en Sixto, Carballo, propiedade de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e consecuentes do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, declarada a urxente ocupación polo Decreto 42/1995, do 3 de febreiro, (Diario Oficial de Galicia do 15 de febreiro de 1995), dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica, a 15/20 kV e centros de transformación en Fortesende, Arteixo, (expediente número 52654), e en Xisto, Carballo (expediente número 52653) das que é propietaria e beneficiaria neste procedemento expropiatorio a entidade Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na r/ Fernando Macías, nº 2, 15004 A Coruña; fáiselles saber a tódolos interesados propostos neste expediente, ós que se lles practicará notificación individual para tal efecto, que o representante da Administración dará comezo sobre o terreo o día 23 de maio de 1995, nos horarios que se lles indicará para o efecto, ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios afectados

polas ditas instalacións, contidos nas relacións que se expoñen nos taboleiros oficiais; advírteselles que para tal acto poderán estar acompañados dos seus peritos e un notario, pola súa conta, e que ata o momento do levantamento das actas poderán formular ante esta delegación as alegacións para os únicos efectos de emendar posibles erros que se padecesen ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

A Coruña, 7 de marzo de 1995.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña