Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 1995 Páx. 3.087

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Por resolución da Comisión de Goberno do Concello de Lugo, do 25 de outubro de 1995, apróbase a contratación mediante concurso das obras de urbanización na Rúa Nova, 1ª fase.

Orzamento: o tipo máximo de licitación é de 36.200.000 pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución: tres meses.

Fianza provisional: 724.000 pesetas.

Fianza definitiva: 1.448.000 pesetas.

Expediente: atópase de manifesto no Negociado de Contratación do Concello de Lugo, en horas de oficina.

Condicións: as condicións polas que se rexerá o contrato atópanse contidas no proxecto e pregos de condicións.

Presentación de proposicións: no rexistro xeral do Concello de Lugo ata as 13.30 horas do vixésimo día hábil, posterior á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Apertura de plicas: efectuaraa a Mesa de Contratación, ó undécimo día hábil (excepto sábado) posterior ó remate do prazo de presentación de proposicións.

Anuncios: o importe dos anuncios será de conta do contratista adxudicatario da obra.

Clasificación empresarial: A-2-c, G-6-e, E-1-d e I-9-d.

Lugo, 10 de marzo de 1995.

Visto e prace

O alcalde

Rubricado

O secretario

Rubricado