Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 1995 Páx. 3.087

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso, da subministración de ampliación da rede de radiocomunicación da Subdirección Xeral de Medio Ambiente Natural, Caza e Pesca Fluvial (0548).

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso:

Obxecto: ampliación da rede de radiocomunicacion da Subdirección Xeral de Medio Ambiente Natural, Caza e Pesca Fluvial (0548), de acordo cos proxectos e pregos aprobados para iso.

Orzamento de licitación: vintecatro millóns novecentas noventa e oito mil duascentas pesetas (24.998.200 ptas.).

Fianza provisional: catrocentas noventa e nove mil novecentas sesenta e catro pesetas (499.964 ptas.).

Fianza definitiva: novecentas noventa e nove mil novecentas vinteoito pesetas (999.928 ptas.).

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto así como o prego de cláusulas administrativas particulares estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Montes e de Medio Ambiente Natural da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela), ou en calquera das vías admitidas polo artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado, antes das 14 horas do día 29 de maio de 1995.

A apertura de proposicións terá lugar o día 6 de xuño de 1995, ás 12.30 horas, nas oficinas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela).

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS