Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 1995 Páx. 3.080

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 4 de abril de 1995 pola que se resolve convocatoria, polo sistema de libre designación, de un posto de traballo vacante na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de un posto de traballo vacante na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola Orde do 28 de febreiro de 1995 (DOG nº 49, do 10 de marzo).

Esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e os artigos 16 e

17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da referida lei,

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica ó funcionario do que se expresan os seus datos no anexo desta orde.

Segundo.-O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo a praza, producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión da praza adxudicada deberá realizarse no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo de un mes se se trata de distinta localidade, conforme, o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro.-A xefatura de persoal do centro onde cause alta o funcionario, realizará, dentro dos prazos sinalados nos apartados anteriores, a dilixencia de toma de posesión e seguidamente levaranse a cabo os trámites necesarios para a entrada en nómina.

Da dilixencia efectuada darase traslado, mediante fotocopia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra esta orde poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, comunicando previamente a esta consellería a vontade de interpoñelo.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Denominación: secretaria/o do director xeral.

Código do posto: ED.C05.00.000.15770.001.

Dependencia: Dirección Xeral de Ordenación Universitaria e Política Científica.

Localidade: Santiago de Compostela.

Grupo: D.

Nivel: 18.

Corpo ou escala: auxiliar administrativo da Administración xeral da Xunta de Galicia.

Apelidos e nome: Briones Bouzas, María Rosario. Nº R.P. 03.792.406.24 A2059.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E

VIVENDA