Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 1995 Páx. 3.078

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 51967).

Vistos os expedientes incoados pola empresa Hidroeléctrica del Zarzo, S.A., con enderezo na r/ Mancebo, 6, Pontedeume, A Coruña, para a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións que seguen:

-L.M.T. aérea a 15/20 kV, de 1.596 m en LA-56, que parte da L.M.T. existente nos CC.TT. de Chao

da Viña e Escañoi e remate no C.T. que se vai construír en Vilaboi.

-Ramal de 331 m de lonxitude, que parte do apoio número 9 da L.M.T. anterior e remate no C.T. de Castiñeira.

-2 CC.TT. de 50 kVA c/u a 20.000±5%/398-230 V, en Vilaboi e Castiñeira. Concello de Monfero.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 15 de marzo de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña