Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 1995 Páx. 3.078

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 181/1994).

Vistos os expedientes incoados pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na r/ Severo Ochoa, nº 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

-Liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x95) mm Al, de 365 m de lonxitude, con orixe na liña Pedrido-Carral e remate no C.T. Campo da Feira, en Carral.

-Centro de transformación en caseta prefabricada de formigón, de 400 kVA e tensións 15/20/0,380-0,220 kV en Campo da Feira, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 566 m de lonxitude. Carral.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou, corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 8 de marzo de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña