Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 1995 Páx. 3.072

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 1995 pola que se fai público o acordo do consello do Instituto Galego da Vivenda e Solo, do 19 de abril de 1995, polo que se nomea o secretario do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Na reunión celebrada o 19 de abril de 1995, o consello do Instituto Galego da Vivenda e Solo acorda, por proposta do director xeral do dito instituto e de conformidade co disposto no artigo 9.1º d) da Lei 3/1988, do 27 de abril, da súa creación (DOG do 10 de maio), nomear como secretario do referido organismo autónomo a Rafael Álvaro Millán Calenti.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 1995.

José Cuíña Crespo

Presidente do Instituto Galego da Vivenda e Solo