Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 1995 Páx. 3.068

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XESTIÓN URBANÍSTICA DE OURENSE, S.A.

ANUNCIO.

Anúnciase a convocatoria do concurso das obras de construcción da primeira fase do parque empresarial do Carballiño.

Orzamente total: 266.287.843 ptas.

As bases do concurso, contrato tipo, prego de condicións, proxecto e demais documentación poderán examinarse nas oficinas de Xestur Ourense S.A., sitas na rúa Curros Enríquez nº 1, 8º de Ourense, en horario de 10 a 14 horas, de luns a venres a partir do día 17 de abril de 1995.

As proposicións económicas e demais documentación para concursa-las empresas que resulten admitidas conforme establece o prego de bases, deberán ser presentadas nas oficinas de Xestur Ourense S.A. antes das 14 horas do día 5 de maio de 1995.

A apertura de proposicións económicas efectuarase o día 8 de maio ás 12 horas na sala de xuntas de Xestur Ourense S.A.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Ourense, 12 de abril de 1995.

Juan Carlos Cabanelas Rodríguez

Xerente de Xestur Ourense S.A.