Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 1995 Páx. 3.064

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 1995, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza, pola que se anuncia concurso público para a contratación do servicio de mantemento correctivo preventivo dos equipos de electromedicina e radioloxía do Complexo Hospitalario Juan Canalejo.

O xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 15-9-1994 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde convoca o concurso público nº 5/1995 para a contratación do servicio de mantemento correctivo e preventivo dos equipos de electromedicina e radioloxía do Complexo Hospitalario Juan Canalejo.

Obxecto e orzamento: a adxudicación do servicio de mantemento correctivo e preventivo dos equipos de electromedicina e radioloxía do Complexo Hospitalario Juan Canalejo cun orzamento do corenta e dous millóns de pesetas (42.000.000 de ptas.) anuais, IVE engadido, sen prexuízo dos prazos de execución sinalados no apartado seguinte.

Prazo de execución: o contrato terá vixencia ata o 31 de decembro de 1995 desde o momento da súa sinatura, aínda que poderá prorrogarse anualmente por acordo expreso das partes, segundo dispón o artigo 5 do Decreto 1005/1974, do 4 de abril.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados na Dirección de Xestión, Sección de Investimentos, no edificio anexo da Escola de Enfermería planta soto do Hospital Juan Canalejo-As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas.

Fianzas: o 2% do orzamento de licitación (840.000 ptas.), que se constituirá segundo o disposto no artigo 112 de LCE e 340 e 376 do seu regulamento.

Clasificación: as empresas licitantes deberán xustifica-la clasificación no grupo III, subgrupo 7, categoría B, como mínimo.

Presentación das proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do complexo hospitalario mencionado no apartado III, antes das 14 horas do vixésimo día hábil contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo, do xeito indicado no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola Mesa de Contratación, reunida en acto público na sala de xuntas

da xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares e especiais.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 9 de marzo de 1995.

Josep Santacreu Bonjoch

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan

Canalejo-Oza