Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 1995 Páx. 3.062

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública do proxecto de instalación dun parque eólico no concello das Pontes de García Rodríguez, (provincia da Coruña) e Muras (provincia de Lugo). (Expediente número 4266 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública dun proxecto de instalación do parque eólico coas seguintes características:

Peticionario: Empresa Nacional de Electricidad, S.A., r/ Príncipe de Vergara, 187-28002 Madrid.

Situación: concello de Muras (Lugo) e As Pontes de García Rodríguez (A Coruña).

Emprazamento, (coordenadas poligonais en unidades UTM): Vl(4819000, 0596250); V2(4819000, 0598000); V3(4817000, 0604500); V4(4816500, 0597800); V5(4815000,0604500).

Características principais:

Número de aeroxeradores: 120.

Potencia unitaria (kW): 330 kW.

Potencia total instalada (MW): 39,6 MW.

Altura torres (m): 31 metros.

Diámetro pas (m): 30 m.

Producción anual estimada (MW/h): 95.832 MWh.

Investimento: 6.291.885.600 pesetas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, e formulárenselle as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas,

no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Lugo, 3 de marzo de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo