Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 1995 Páx. 3.045

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 1995, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 01/0000164/1995, interposto pola Asociación Profesional de Veterinarios de Galicia.

O 8 de marzo de 1995, a Dirección Xeral da Función Pública recibe da Sala do Contencioso-Administrativo, sección primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo número 01/0000164/1995 interposto pola Asociación Profesional de Veterinarios de Galicia, contra Decreto 390/1994, do 23 de decembro, da Consellería da Presidencia e Administración Pública sobre cobertura con carácter temporal de postos de traballo incluídos na relación de postos de traballo de veterinarios.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento son emprazadas para que poidan comparecer en forma en autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 1995.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública