Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 1995 Páx. 3.025

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (457/1992).

En virtude do acordado por providencia desta data, recaída nos autos de xuízo executivo número 457/1992 notifícaselles ós demandados Jesús Santiago Pascual Pereira, Antonio Pascual Seijo e Josefa Pereira Lois, a sentencia dictada neles, co encabezamento e parte dispositiva que son como segue:

Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo executivo, seguidos neste

xulgado ó número 457/1992, entre partes, dunha como demandante, Banco Santander, S.A., domiciliado en Santander, representado en autos polo procurador Regueiro Muñoz, asistido do letrado Castro García, e doutra como demandados, Antonio Pascual Seijo, Josefa Pereira Lois e Jesús Santiago Pascual Pereira, maiores de idade, os dous primeiros con domicilio nesta cidade e o último en ignorado paradoiro, incomparecidos e en situación procesual de rebeldía, sobre póliza de préstamo.

Resolvo que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada neste proceso contra Jesús Santiago Pascual Pereira, Antonio Pascual Seijo e Josefa Pereira Lois, facendo remate dos bens embargados e que se embarguen, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte executante Banco de Santander, S.A., da suma principal 524.064 ptas., gastos e xuros pactados e legais, e custas causadas e que se causen, que preceptivamente se lle imponen á parte debedora, a quen lle será notificada esta resolución na forma e modo en que dispón a lei para os rebeldes, facéndolles saber ás partes que esta resolución non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación dentro de cinco días para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Léveselle notificación ó preito principal.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo, e asínoo.

A anterior sentencia foi publicada no mesmo día da súa data.

E para que lles sirva de notificación ós demandados indicados, declarados en rebeldía, expido este edicto para a súa insercción no DOG que asino en Santiago de Compostela o vintedous de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado