Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 1995 Páx. 3.023

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 5 de abril de 1995 polo que se declaran aptos na fase de prácticas ós opositores nomeados pola Orde do 20 de marzo de 1995 (DOG do 5 de abril), pola que se dictan normas en aplicación da sentencia do Tribunal Supremo do 6 de marzo de 1995 relativa á Orde do 24 de abril de 1991.

O apartado segundo da Orde do 20 de marzo de 1995 (DOG do 5 de abril), pola que se dictan normas en aplicación da sentencia do Tribunal Supremo do 6 de marzo de 1995, relativa á Orde do 24 de abril de 1991, nomea funcionarios en prácticas dos corpos correspondentes ós opositores que superaron o procedemento selectivo convocado pola Orde do 24 de abril de 1991 (DOG do 29), de acordo ca citada sentencia, e que non foron nomeados funcionarios de carreira polas ordes do 15 de febreiro de 1993 (BOE do 5 de marzo) e do 12 de decembro de 1993 (BOE do 17 de decembro).

Estes opositores xa foran nomeados funcionarios en prácticas pola Orde do 25 de novembro de 1991 (DOG do 17 de decembro), o que permitiu que as realizaran e foran avaliadas as mesmas con anterioridade á sentencia número 375/1992, do 11 de xuño, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Continuando coa execución da citada sentencia do Tribunal Supremo de 6 de marzo de 1995, procede declarar aptos na fase de prácticas a estes opositores.

Na súa virtude esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Primeiro.-Declarar aptos na fase de prácticas e aprobados definitivamente nos procedementos selec

tivos convocados pola Orde do 24 de abril de 1991 (DOG do 29), ós opositores que se relacionan no anexo da Orde do 20 de marzo de 1995 (DOG do 5 de abril), pola que se dictan normas en aplicación da sentencia do Tribunal Supremo do 6 de marzo de 1995, relativa á Orde do 24 de abril de 1991.

Segundo.-Os efectos administrativos da presente orde serán do 30 de setembro de 1992.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Sr. Director Xeral de Persoal.