Notificóuselle ó Servicio Galego de Saúde provindencia da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza, de Galicia, pola que se admite o recurso contencioso-administrativo número 1/246/95, interposto por José Carlos Bastida Calvo contra a Resolución do 16 de decembro de 1994, desta dirección xeral (DOG nº 242, do 19 de decembro), pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de postos de traballo do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala sanitaria de atención primaria e especializada, subescala de atención primaria, clase de médicos titulares.
En consecuencia, esta dirección xeral acorda, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan presentarse e comparecer en forma en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días.
Santiago de Compostela, 13 de marzo de 1995.
Carlos Negreira Souto
Director xeral de Recursos Humanos