Con data 13 de febreiro de 1995 o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda aprobou, o proxecto de construcción das obras de mellora da seguridade vial no enlace da PO-330 e a PO-331 (clave: SV/SC/95.2)
Os bens e dereitos nos que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.
A competencia para efectua-la declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo 20 do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Política Tenitorial, Obras Públicas e Vivenda, considerándose xustificada a referida declaración pola súa incidencia na seguridade vial.
En virtude de todo o exposto e en aplicación do artigo 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia, e dos artigos 10 e 52 da Lei de expropiación forzosa, en relación co previsto no artigo 8 da Lei 25/1988, do 29 de xullo, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas, e Vivenda, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta e un de marzo de mil novecentos noventa e cinco,
DISPOÑO:
Artigo único.- Declara-la utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios e que se concretan no expediente administrativo, instruído, para efectos de expropiación no proxecto das obras de Mellora da segurida-de vial no enlace da PO-330 e PO-331 (clave: SV/SC/95.2)
Santiago de Compostela, trinta e un de marzo de mil novecentos noventa e cinco.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
José Cuíña Crespo
Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda