Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 1995 Páx. 3.007

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

Para lle dar cumprimento ó establecido no artigo 124 do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana, faise pública a aprobación definitiva do proxecto de urbanización da r/ Prego de Oliver, terminación, en sesión plenaria do 12 de xaneiro de 1995.

Contra o dito acordo pódese interpor recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir da inserción deste anuncio, sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que coide oportuno.

Ourense, 19 de xaneiro de 1995.

O alcalde-presidente

Rubricado