Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 1995 Páx. 3.001

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 1995, da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, das obras de rexeneración da barra do medio da desembocadura do río Anllóns (Cabana).

Ó abeiro do establecido na lexislación vixente sobre contratos da Administración pública, a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura anuncia a convocatoria de licitacion do contrato de obra, coas caraterísticas que se citan a seguir:

Obxctivo e tipo: obras de rexeneración da barra do medio da desembocadura do río Anllóns (Cabana).

Orzamento de licitación: trinta o oitó millóns cento nove mil cento setenta e seis pesetas (38.109.176 ptas).

Clasificación contratistas: categoría D, grupo F, subgrupo 1.

Prazo de execución: seis (6) meses.

Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescrición técnicas, así como o proxecto da obra, estarán a disposición dos licitadores, nos días e horas hábiles na oficina de información da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, así como nas delegacións territoriais pertencentes a esta consellería.

Prazo e presentación de propostas: as proposicións presentaranse no rexistro da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, así como nos rexistros das delegacións territoriais ou comarcais pertencentes a esta consellería. O prazo de presentación, será de quince (15) días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. No caso de utilizar calquera dos medios previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, remitiráselle un telegrama á Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, no que se lle comunique a presentación da oferta.

Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola Mesa de Contratación, que se reunirá na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, ás 10.30 horas do quinto día hábil, contado a partir do seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado, a mesa reunirase o luns seguinte á mesma hora.

O importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 1995.

Amancio Landín Jaraiz

Director xeral de Marisqueo e Acuicultura