Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 20 de abril de 1995 Páx. 2.975

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público aberto das obras de construcción do novo edificio dos xulgados de Pontevedra.

Obxecto do contrato: construcción do novo edificio dos xulgados en Pontevedra.

Prazo de exceución: 36 meses.

Orzamento: 1.056.347.796 ptas.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas e o proxecto estarán a disposición dos interesados para o seu exame na Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais (Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Control Presupostario), os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación das proposicións, sita no complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta, Santiago de Compostela.

As copias da documentación e o proxecto poderán solicitarse en Tórculo Artes Gráficas, S.L., r/ Rosalía de Castro, 51, baixo, Santiago de Compostela (15703), teléfono (981) 59 78 55, mediante aboamento do seu importe.

Fianza provisional: 21.186.956 ptas.

Fianza definitiva: 42.373.912 ptas.

Clasificación que se esixe: grupo C, subgrupo todos, categoría E. Grupo I, subgrupos 5 y 6, categoría C. Grupo 1, subgrupo 2, categoría C.

Modelo de proposición: a proposición económica axustarase estrictamente ó modelo que se xunta no anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo e lugar para a presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sito no complexo administrativo de San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta, Santiago de Compostela. O prazo de admisión rematará ás catorce horas (14) do día 29 de maio de 1995.

Apertura das proposicións: unha vez que se cualifique pola Mesa de Contratación a documentación contida no sobre 1, a apertura das proposicións económicas terá lugar, en acto pública, o día 9 de xuño de 1995 ás doce horas (12), na sala de xuntas da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sita no complexo administrativo de San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta, Santiago de Compostela.

Data de envío do anuncio á oficina de publicación oficinas da Comunidade europea: 7 de abril de 1995.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais