Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 20 de abril de 1995 Páx. 2.973

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación das resolucións formuladas nos expedientes sancionadores de epizootias que se citan (expedientes números 005NC/94 e 037NC/94).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que

no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la resolución dos procedementos sancionadores por infracción da Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE nº 358, do 23 de decembro), e máis do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros polo Real decreto 1665/1976, do 7 de maio, polo que se actualizan as sancións (BOE nº 174, do 21-6-1976), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311-000-166/2 da Caixa de Aforros de Galicia na Coruña, O.P., no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados, que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobro pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo de un mes, contado igualmente, a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 13 de marzo de 1995.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

-Expediente: 005NC/94.

Denunciado: Domínguez Domínguez, Manuel.

DNI: 76.292.686.

Último enderezo coñecido: Brea, Benza, 15687 Trazo (A Coruña).

Feito denunciado: incumpri-la normativa vixente na campaña de saneamento gandeiro.

Tipificación da infracción. Regulamento de epizootias: artigo 209.3º do regulamento da Lei de epizootias.

Sanción: 5.000 ptas.

-Expediente: 037NC/94.

Denunciado: Ferreiro Basalo, Ramón.

DNI: 32.394.528.

Último enderezo coñecido: Bustelo, Valencia, 15147 Coristanco (A Coruña).

Feito denunciado: incumpri-la normativa vixente na campaña de saneamento gandeiro.

Tipificación da infracción. Regulamento de epizootias: artigo 209.3º do regulamento da Lei de epizootias.

Sanción: 5.000 ptas.