Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 20 de abril de 1995 Páx. 2.973

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 109/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T. e C.T. que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio 32 da L.M.T. Tibo-Canle-Pontecesures ata o C.T. que se proxecta en Bemil, concello de Caldas de Reis.

Finalidade da instalación: mellora-la distribución eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 20 m de lonxitude, con conductores tipo LA-56 C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-398/230 V.

Orzamento: 1.980.871 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el

as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 8 de marzo de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra