Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 1995 Páx. 2.922

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 14 de marzo de 1995 pola que se resolve o concurso de méritos para a provisión de postos de función inspectora educativa entre funcionarios de corpos docentes.

De acordo co establecido no punto 5.9º da orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 10 de outubro de 1994 (DOG do 27) pola que se convocou concurso de méritos para a provisión de postos de función inspectora educativa entre funcionarios docentes, e unha vez publicada nos taboleiros de anuncios desta consellería e das delegacións provinciais a relación provisional das puntuacións asignadas ós concursantes así como a adxudicación de prazas ós concursantes preseleccionados, e unha vez resoltas as reclamacións presentadas no fixado prazo de 10 días, consonte o disposto no punto 5.8º da dita orde, esta consellería, vista a proposta formulada pola comisión de valoración, constituída para o efecto,

DISPÓN:

Primeiro.-Facer pública a lista de tódolos concursantes que participaron no concurso de méritos para

a provisión de postos de función inspectora educativa entre funcionarios de corpos docentes con expresión das puntuacións parciais e totais (anexo I), e a lista dos concursantes preseleccionados con indicación dos destinos (anexo II).

Segundos.-Os concursantes preseleccionados realizarán un curso de formación de carácter selectivo. O curso, de carácter teórico-práctico, será organizado pola Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros e terá lugar na Escola Galega da Función Pública.

Terceiro.-A cualificación do curso de formación será de apto ou non apto.

Cuarto.-Os concursantes preseleccionados que non obteñan a cualificación de apto quedarán excluídos do concurso.

Quinto.-Contra desta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso perante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte ó da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria