Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 1995 Páx. 2.914

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se declara de utilidade pública a instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 163/1994 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial a petición de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con domicilio en Vigo no que solicita autorización e declaración de utilidade pública para o establecemento dunha instalación eléctrica de media tensión, e cumpridos os trámites regulamentarios orde

nados no capítulo III do Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no capítulo III do regulamento aprobado polo Decreto 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e de acordo co disposto no Real decreto 2634/1980, sobre transferencias de competencias da Administración do Estado á Xunta de Galicia en materia de industria, esta delegación provincial, resolveu:

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. a instalación eléctrica que ten como características principais as seguintes: L.M.T., aérea, cunha lonxitude total de 1.800 m, dos cales 438 m serán en triple circuíto e 1.362 m en circuíto sinxelo, con conductores LA-110 e apoios metálicos e de formigón, desde a subestación de Lourizán ata o apoio número 77 da L.M.T. existente denominado Marín II, concello de Pontevedra.

Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza, para os efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre. expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu regulamento de aplicación do 20 de outubro de 1966.

Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres o seu peticionario non conte coa aprobación do proxecto de execución, logo de cumpri-los trámites que se sinalan no capítulo VI do citado Decreto 2617/1966, do 20 de outubro.

Pontevedra, 1 de marzo de 1995

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra