Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 1995 Páx. 2.896

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, das obras de repoboación forestal do monte Ferrería e outros e seis máis.

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso aberto:

Obxecto: contratación da execución das repoboacións forestais que figuran na relación adxunta, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para iso. O orzamento, prazo de execución e clasificación dos contratistas, serán os que, así mesmo, se sinalan na relación.

Fianza provisional: exenta.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto así como o prego de cláusulas administrativas particulares estarán a disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Con

sellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela), ou en calquera das vías admitidas polo artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado, antes das 14 horas do día 12 de maio de 1995.

A apertura de proposicións terá lugar o día 18 de maio de 1995, ás 12 horas, nas oficinas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela).

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

1. Repoboación forestal en m/ Ferrería e outros (2539).

Orzamento: 19.321.001 ptas.

Prazo de execución: 8 meses.

Clasificación: non é necesaria.

2. Construcción dun camiño forestal m/ Naraío no termo municipal de Muros (A Coruña) (1504).

Orzamento: 27.293.991 ptas.

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: categoría C, grupo G, subgrupo 6.

3. Repoboación forestal en m/ Braña Rubia (1508).

Orzamento: 21.236.833 ptas.

Prazo de execución: 8 meses.

Clasificación: categoría C, grupo K, subgrupo 6.

4. Repoboación forestal en m/ Costa Grande (151l).

Orzamento: 46.036.348 ptas.

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: categoría C, grupo K, subgrupo 6.

5. Repoboación forestal en m/ Couto e outros (2545).

Orzamento: 23.010.375 ptas.

Prazo de execución: 8 meses.

Clasificación: categoría C, grupo K, subgrupo 6.

6. Repoboación forestal en m/ Castelo y otros (3427).

Orzamento: 45.481.863 ptas.

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: categoría C, grupo K, subgrupo 6.

7. Repoboación forestal en m/ Sierra e outros (3428).

Orzamento: 26.945.375 ptas.

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: categoría C, grupo K, subgrupo 6.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 1995.

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes