Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.M.T. que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio 34 da L.M.T. Ramallosa-Gondomar-Vincios, ata o C.T. elduayen e desde o apoio 39 ó 41 da mesma liña, concello de Gondomar.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., soterrada, a 20 kV, de 635 m de lonxitude, con conductores tipo R.H.V.
Orzamento: 18.921.055 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 22 de febreiro de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra