Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 1995 Páx. 2.890

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 1995, da Secretaría Xeral de Comunicación, pola que se convoca concurso público para a contratación da submistración e instalación dunha estación radiobase para a rede oficial de comunicacións da Xunta de Galicia.

Obxecto e orzamento: subministración e instalación dunha estación radiobase para a rede oficial de comunicacións da Xunta de Galicia, cun orzamento de licitación de 11.750.000 pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución: seis meses.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser adquirida en Tórculo Artes Gráficas, S.L., rúa Rosalía de Castro 45, baixo, Santiago de Compostela, teléfono 59 26 00.

Fianza provisional: o 2% do orzamento de licitación, equivalente a 235.000 pesetas, que será instrumentada en calquera das formas establecidas no artigo 340 do Regulamento xeral de contratación.

Presentación de proposicións: as ofertas serán presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Xunta de Galicia -edificio central de San Caetano (Santiago de Compostela), ata as 14 horas do día 8 de maio de 1995, ou por correo na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación.

Apertura de proposicións: a apertura das ofertas presentadas en prazo hábil terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Secretaría Xeral de Comunicación, planta baixa do edificio nº 5 de San Caetano, a partir das 12 horas do día 12 de maio de 1995.

Documentación que deberán aporta-los licitadores: a que se indica no prégo de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 1995.

Jesús Pérez Varela

Secretario xeral de Comunicación