Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Electra Alto Miño, con domicilio en Vigo no que solicita autorización para instalar unha L.M.T. de C.T. Oleiros a C.T. Salvaterra I e II, concello de Salvaterra de Miño, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.
O delegado provincial, de conforinidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu,
Autorizar a Electra Alto Miño a instalación de unha L.M.T. de C.T. Oleiros a C.T. Salvaterra I e II, concello de Salvaterra de Miño.
Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.
Pontevedra, 20 de febreiro de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra