Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 1995 Páx. 2.868

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOQUES

EDICTO do 29 de marzo de 1995 polo que se anuncia a licitación para a adxudicación por concurso da obra de ampliación e reforma da Casa do Concello de Toques, segunda fase.

Orzamento de contrata: 8.000.000 de pesetas.

Prazo de execución: 6 (seis) meses.

Fianza provisional: cento sesenta mil pesetas (160.000 ptas.).

Fianza definitiva: 4% do importe da adxudicación.

Prazo de garantía: un ano.

Contrato: clase administrativo no nome do concello pola autoridade competente.

Clasificación do contratista: tendo en conta o importe e prazo de execución non se esixe.

Presentación de proposicións: no prazo de vinte días (20), contados a partir do seguinte á derradeira publicación do anuncio do concurso no BOP ou Diario Oficial de Galicia, en horario de 9 a 13 horas.

Modelo de proposición:

Don/Dona ..., no nome propio (ou en representación de ... ), con DNI..., con enderezo en..., informado/a do concurso para a execución da obra de ampliación e reforma da Casa do Concello, 2ª fase, entendendo reuni-las condicións establecidas no prego de condicións correspondente, achega de forma regulamentaria, e en sobre á parte, a documentación esixida no devandito prego de condicións.

Ofrece e comprométese a cumpri-lo obxecto do contrato polo prezo de..., IVE engadido, na forma e condicións establecidas no prego de condicións, que coñece e acepta na súa totalidade.

..., ... de... de 1995...

Toques, 29 de marzo de 1995.

Jesús Ares Vázquez

Alcalde