Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 1995 Páx. 2.866

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 1995 pola que se anuncia concurso para o outorgamento da concesión administrativa da construcción e explotación dun estacionamento para vehículos na praza dos Álamos do barrio das Flores.

Obxecto: concesión administrativa da construcción e explotación dun estacionamento para vehículos na praza Álamos do barrio das Flores.

Canon anual: a ofertar polos licitadores en forma global ou por praza de estacionamento, equivalente como mínimo de 6.000 ptas./ano por praza.

Garantías: provisional, 1.500.000 ptas.; definitiva, 4% do orzamento de execución material das obras; por prestación do servicio, 3.000.000 de ptas.

Clasificación: grupo A, subgrupo 1, categoría b. Grupo C, subgrupo 2, categoría b. Grupo C, subgrupo 4, categoría a. Grupo C, subgrupo 7, categoría b. Grupo E, subgrupo 1, categoría a. Grupo I, subgrupo 1, categoría a. Grupo J, subgrupo 5, categoría a.

Proposicións: presentaranse en dous sobres:

Número 1. Documentación xeral.

Número 2. Proposición económica e técnica. Modelo de proposición:

Don/Dona..., en representación de... veciño/a de..., con domicilio en..., informado/a do prego de condicións do concurso para a concesión administrativa para a construcción e explotación dun estacionamento para vehículos no subsolo da praza Álamos do barrio das Flores, acéptao na súa integridade, achega os documentos e proxecto básico esixido, nos que se detallan as súas características funcionais, e se compromete a tomar ó seu cargo a concesión nas seguintes condicións:

1º O orzamento total das obras e instalacións é:

-Obra civil: ... pesetas.

-Instalacións: ... pesetas.

-Total: ... pesetas.

2º O prazo de execución das obras que se oferta é de...

3º O número de prazas do aparcamento é de:

-Cesión permanente: ... prazas.

-Alugueiro: ... prazas.

-Total: ... prazas.

4º O prezo pola cesión durante a vixencia da concesión para residentes é de... pesetas.

5º O prezo de alugueiro horario é de... ptas./hora ou fracción.

6º A duración da concesión é de... anos.

7º O canon anual a satisfacer ó Concello da Coruña é de... ptas./praza, o que supón unha cantidade global de... pesetas.

8º Vixilancia e seguridade do aparcamento.

E en proba de conformidade, asina a presente proposta en... o... de... de...

Presentación de proposicións: na forma prevista no prego de condicións, no rexistro xeral de entrada no concello, en man ou por correo, no prazo de vinte días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial del Estado, en horas de 9 a 13. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará automaticamente prorrogado o día hábil seguinte.

Prego de condicións: poderanse examinar e retirar copia na Unidade de Obras e Concesión, 2º andar do Pazo Municipal, praza de Mª Pita, 1, A Coruña.

A Coruña, 30 de marzo de 1995.

O alcalde

Rubricado