Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 1995 Páx. 2.865

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, pola que se anuncia a contratación directa para a adquisición de diverso material e programas informáticos para os distintos servicios desta consellería.

Anúnciase a contratación directa para a adquisición de diverso material e programas informáticos para os distintos servicios da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, cun orzamento máximo de

nove millóns seiscentas setenta e dúas mil duascentas pesetas (9.672.200 ptas.).

Os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas estarán á disposición dos interesados, en días e horas de oficina, nos servicios centrais desta consellería, sita en San Caetano, 5, 2º Santiago de Compostela, así como nas delegacións territoriais dela.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral desta consellería ou na forma que dispón o artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado, no prazo de vinte días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas terá lugar nas oficinas centrais desta consellería o quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de propostas ás

dez horas, sempre e cando este día non coincida en sábado ou festivo, que pasará o primeiro día hábil seguinte.

O presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 1995.

Dasio Carballeira Tella

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura