Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 1995 Páx. 2.864

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 1995 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de poxa, das obras que se citan (clave OH.215.363 e tres máis).

A) Obra.

1. Rede de traída de auga a Baio-primeira fase (Zas-A Coruña).

Clave: OH.215.363.

Orzamento: cincuenta e un millóns catrocentas noventa e unha mil cento corenta e catro pesetas (51.491.144 ptas.).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: 1.029.823 ptas.

2. Reforma do proxecto de recollida de augas pluviais nas rúas principais do concello de Sada-primeira fase (A Coruña).

Clave: OH.315.364.

Orzamento: setenta e catro millóns noventa e tres mil oitocentas corenta e cinco pesetas (74.093.845 ptas.).

Prazo de execución: 20 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: 1.481.877 ptas.

3. Ampliación e mellora do abastecemento e saneamento de Miño-segunda fase (A Coruña).

Clave: OH .515.311.

Orzamento: cento catro millóns cincuenta e catro mil seiscentas setenta pesetas (104.054.670 ptas.).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: 2.081.093 ptas.

4. Mellora do saneamento e abastecemento en Bañobre (Miño-A Coruña).

Clave: OH.515.366.

Orzamento: vinteseis millóns novecentas cincuenta e cinco mil cincocentas setenta e tres pesetas (26.955.573 ptas.).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: 539.111 ptas.

(Declaradas urxentes segundo o establecido no artigo 26 da Lei de contratos do Estado).

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial,

Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no Real decreto 1883/1979, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo quinto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola Mesa de Contratación ás dez horas do sexto día hábil, que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda