Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 1995 Páx. 2.862

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 1995 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, das obras que se citan (claves N/PO/89.19.4 e N/AC/89.1.1).

A) Obra.

1. Alargamento e mellora do firme da estrada PO-400. Treito: As Neves-Arbo (2ª fase).

Clave: N/PO/89.16.4.

Orzamento: trescentos setenta e nove millóns setecentas oitenta e cinco mil trescentas dezaoito pesetas (379.785.318 ptas.).

Prazo de execución: 22 meses.

Clasificación: grupo A, subgrupo 2, categoría c. Grupo G, subgrupo 4, categoría e.

Fianza provisional: 7.595.706 ptas.

2. Alargamento e mellora da estrada de Esteiro a Felgosas por Cerdido, p.k. 0+000-9+280.

Clave: N/AC/89.1.1.

Orzamento: catrocentas vinteoito millóns noventa e tres mil duascentas noventa e nove pesetas (428.093.299 ptas.).

Prazo de execución: 18 meses.

Clasificación: grupo A, subgrupo 2, categoría d. Grupo B, subgrupo 2, categoría d. Grupo G, subgrupo 4, categoría d.

Fianza provisional: 8.561.866 ptas.

(Declaradas urxentes segundo o establecido no artigo 26 da Lei de contratos do Estado).

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no Real

decreto 1883/1979, e unha fianza definitiva equivalente 64% do orzamento de contrata.

A devandita fianza poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo quinto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola Mesa de Contratación ás once horas do sexto día hábil, que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda