Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 1995 Páx. 2.859

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (486/1991-05).

Salvador P. Sanz Crego, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado, baixo o número 486 de 1991, se seguen autos de menor contía por instancia de Eugenio López Rúa e María del Carmen Pérez Capeáns, representados polo procurador Regueiro Muñoz, contra Viviendas 2001, S.A., representada polo procurador Barreiro Fernández, sobre reclamación de certa cantidade, nas actuacións dos cales acordei sacar a primeira e pública poxa, por termo de vinte días e prezo da súa taxación, os predios que se dirán:

Inscrita no Rexistro da Propiedade número uno de Santiago de Compostela, no tomo 1.057, libro 92, folio 151, predio 8.692, inscrición 2ª.

Consta de edificación única, composta de catro plantas de soto, planta baixa, sete plantas de pisos e unha planta de ático, correspondentes ós números 106 e 108 antigos, hoxe número 106, da rúa do Hórreo de Santiago de Compostela.

A poxa celebrarase de acordo coas seguintes condicións:

1. Sinalouse para que teña lugar o remate en primeira poxa o próximo día 23 de maio de 1995 ás 11 horas, na sala de audiencia deste xulgado polo tipo de 263.550.000 pesetas, prezo de taxación.

2. Para o suposto de que resultase deserta a primeira, sinalouse para a segunda poxa, o próximo día 16 de xuño ás 11 horas na sala de audiencia deste xulgado, con rebaixa do 25% do tipo que o foi para a primeira.

3. Se resultase deserta a segunda sinalouse para a terceira poxa o próximo día 10 de xullo de 1995 ás 11 horas, na sala de audiencia deste xulgado sen suxeición a tipo.

4. Nas poxas primeira e segunda non se admitirán ofertas que non cubran os dous tercios do tipo correspondente.

5. Para tomar parte en calquera das tres poxas, tódolos licitadores, coa excepción do acredor demandante, deberán consignar previamente o vinte por cento do tipo para seren admitidos a licitación, calculándose esta cantidade na terceira poxa respecto do tipo da segunda, suma que deberá consignarse na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, aberta no

Banco Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade, debendo facilita-lo número do expediente ou procedemento seguinte 1584/15/0486/91, presentando o resgardo de ingreso.

6. Os títulos de propiedade dos inmobles poxados atópanse suplidos polas correspondentes certificacións rexistrais, que constan en autos ó dispor do público na secretaría do xulgado, para que poidan examinalos os que desexen tomar parte na poxa, entendéndose que todo licitador os acepta como bastante, sen que poida esixir ningún outro, e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes ó crédito do demandante, se os houber, continuarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o adxudicatario os acepta e queda subrogado na necesidade de satisfacelos, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

7. Só o acredor demandante poderá facer ofertas coa condición de cede-lo remate a un terceiro.

8. En caso de que houbese que suspender calquera das tres poxas, trasládase a súa celebración á mesma hora para o día seguinte hábil, dentro da semana en que se sinalase a poxa suspendida.

9. Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes á poxa, salvo a que corresponda ó mellor ofertante, a que se reservará en depósito como garantía do cumprimento da obrigación, e, de se-lo caso, como parte do prezo da venda.

10. Se o acredor o pedise, ata o mesmo momento da celebración de poxa, tamén poderán reservarse en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que cubrisen coas súas ofertas os prezos da poxa, por se o primeiro adxudicatario non cumprise coa súa obrigación, e desexasen aproveita-lo remate os outros ofertantes, e sempre pola orde delas.

11. O sinalamento das poxas notificaráselles os debedores, a través da súa representación en autos, e, en todo caso, a publicación dos edictos serve de notificación dos sinalamentos.

Dado en Santiago de Compostela o vintecatro de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado