Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 1995 Páx. 2.843

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Vulcarol, S.L.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Vulcarol, S.L., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 7-3-1995, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e pola parte social, polo comité de empresa, de conformidade co disposto polo xa citado corpo legal, Art. 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro de depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial acorda:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións-Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (S.M.A.C.).

A Coruña, 9 de marzo de 1995.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña

Convenio colectivo da empresa Vulcarol, S.L., co seu persoal de limpezas industriais na central térmica e na mina de Endesa nas Pontes.

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio colectivo será de aplicación ó persoal de Vulcarol, S.L., dedicado á limpeza industrial da central térmica e da mina de Endesa nas Pontes.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

O convenio terá vixencia desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 1995.

Quedará automaticamente denunciado a partir do día 1 de novembro de 1995, podéndose iniciar a partir desa data a negociación dun novo convenio.

Será prorrogado en tódolos seus conceptos mentres non se logre un acordo expreso nas novas negociacións.

Artigo 3º.-Vinculación á totalidade.

As condicións establecidas no presente convenio forman un todo orgánico indivisible e para efectos da súa aplicación práctica serán consideradas globalmente en cómputo anual, sen que caiba a aplicación illada dalgunha das súas partes.

Artigo 4º.-Absorción e compensación.

As retribucións establecidas no presente convenio compensan e absorben tódalas existencias ata o

momento da súa entrada en vigor, calquera que sexa a natureza ou a orixe delas.

Os aumentos de retribucións que poidan producirse no futuro por disposicións legais de xeral aplicación, só poderán afectar ás pactadas no presente convenio, cando consideradas en cómputo anual, superen a estas.

No caso contrario, será absorbidas ou compensadas por estas últimas, subsistindo o presente convenio nos seus propios termos e sen ningunha modificación nos seus conceptos, módulos e retribucións.

Artigo 5º.-Comisión mixta de interpretación.

Para a correcta interpretación e vixilancia do convenio crearase unha comisión mixta de interpretación formada polo comité de empresa e a representación dela que tomou parte nas deliberacións. A comisión será presidida por quen a mesma designe en cada sesión. Será secretario un vocal, igualmente nomeado para cada sesión, tendo en conta que o cargo recaerá unha vez en cada unha das dúas representacións.

A comisión reunirase no prazo máximo de quince días desde a súa convocatoria e cantas veces sexa mester para resolve-los problemas referentes á aplicación e interpretación do convenio, tendo as súas resolucións carácter vinculante.

Artigo 6º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será de 38 horas semanais de traballo efectivo, distribuídas do seguinte xeito:

Xornada continuada: luns a mércores de 7 a 15 horas. Xoves e venres de 7 a 14 horas.

Xomada partida: luns a mércores de 8.30 a 13.15 e de 14.45 a 18 horas. Xoves e venres de 8.30 a 13.15 e de 14.45 a 17 horas.

O persoal en xornada partida pasará a xornada continuada durante o período do 15 de xuño ó 14 de setembro.

O persoal a xornada continuada disporá de 20 minutos de descanso para o bocadillo que terá a consideración de tempo traballado.

Os traballadores afectados polo presente convenio disporán de 15 minutos á saída do traballo para asearse.

Se durante a vixencia deste convenio se reducise a xornada semanal de Endesa, S.A. (As Pontes) e sempre que esta non sexa inferior a 37 horas semanais, adaptaríase a xornada de acordo con tal reducción.

Artigo 7º.-Retén de garda.

Os sábados, domingos e festivos haberá un retén de persoal de garda, nomeado pola empresa, no caso de non existir voluntarios suficientes, con horario de 7 a 13 horas e descanso luns e martes.

Por cada sábado, domingo ou festivo traballado percibirán unha prima de 3.245 pesetas, se ben poderán optar por percibi-la prima e dous días de descanso ou só tres días de descanso. O tereciro día de descanso cobrarase do mesmo xeito ca un dos outros dous.

Artigo 8º.-Vacacións.

Todo o persoal desfrutará dunhas vacacións anuais retribuídas de 30 días naturais. Os maiores de 50 anos desfrutarán de 31 días.

A retribución será a do salario real correspondente á xornada ordinaria, exceptuando os pluses de distancia e transporte. Empresa e comité confeccionarán un calendario de vacacións procurando que tódolos traballadores as desfruten entre o 15 de xuño e o 15 de setembro.

Os traballadores que se incorporen á empresa ó longo do ano desfrutarán a parte proporcional de vacacións que lles correspondan. Obrigatoriamente desfrutaranse dentro do ano natural, non podendo ser compensadas en metálico nin acumuladas para anos sucesivos.

Artigo 9º.-Licencias retribuídas.

O traballador avisando coa debida antelación e posterior xustificación terá dereito a licencias retribuídas nos seguintes supostos:

a) 15 días naturais por casamento.

b) 5 días por enfermidade grave de familiar de primeiro grao. Asimílase a primeiro grao a parella con quen se conviva.

c) 4 días por falecemento de familiar en primeiro grao.

2 días por falecemento de familiar en segundo grao.

1 día por falecemento de familiar en terceiro grao.

d) 6 días por nacemento de fillo.

e) 1 día por traslado de domicilio habitual.

f) Ó desfrute dos permisos necesarios para concorrer a exames, cando se cursen estudios para a obtención dun título académico ou profesional.

g) O tempo imprescindible para recibir asistencia sanitaria, debendo xustificar adecuadamente o tempo de permanencia. O traballador terá dereito ó cobro de pluses polo tempo que xustifique de permanencia na consulta.

h) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

i) Polo tempo necesario para a renovación do permiso de conducción e DNI, cando coincida co horario de traballo.

Artigo 10º.-Salario base.

O salario base é o que se establece para cada categoría na táboa salarial anexa. O salario base devéngase por día natural.

Artigo 11º-Antigüidade.

O complemento persoal por antigüidade consistirá en tres bienios do 5% do salario base e posteriores quinquenios do 7% do salario base. Respectaranse os topes establecidos na Lei 8/1980, do Estatuto dos traballadores.

Artigo 12º.-Pagas extraordinarias.

Todo traballador afectado polo presente convenio terá dereito a percibir dúas pagas extraordinarias por importe cada unha delas de 90.102 pesetas ou a parte proporcional ó tempo traballado segundo o seu período de devengo. Estas pagas denominaranse de verán e de Nadal.

A paga de verán devengarase proporcionalmente ó tempo traballado no primeiro semestre e farase efectiva como máximo o día 20 de xullo.

A paga de Nadal devengarase proporcionalmente ó tempo traballado no segundo semestre e farase efectiva como máximo o día 20 de decembro.

Artigo 13º.-Participación nos beneficios.

Coa nómina do mes de febreiro percibirase unha gratificación por participación nos beneficios consistente na cantidade de 90.102 pesetas.

Devengarase do día 1 de xaneiro ó 31 de decembro, proporcionalmente ó tempo traballado.

Artigo 14º.-Plus de actividade.

Percibirase para cada categoría, segundo a táboa salarial e por día efectivo de traballo.

Artigo 15º.-Plus de transporte e distancia.

Por día efectivo de traballo percibirase o complemento extrasalarial denominado plus de transporte e distancia, na contía de 786 pesetas.

Artigo 16º.-Plus de nocturnidade.

O traballador que realice a súa xornada de traballo entre as 22 e as 6 horas percibirá en concepto de nocturnidade a cantidade de 869 pesetas por xornada efectivamente traballada.

Artigo 17º.-Plus tóxico, penoso e perigoso.

Pola excepcional toxicidade, penosidade e perigosidade que concorra en determinados postos de traballo percibirase un plus na contía de 1.661 pesetas por xornada efectivamente traballada. Aboarase a parte proporcional no que exceda de 8 horas.

Percibirase o plus nos seguintes traballos:

-Limpeza interior do silo de cinzas.

-Conducto de gases de saída e circulación.

-Limpeza interior de caldeira.

-Traballos en rodetes e pista de aros.

-Manta e alimentadores.

-Colectores e precipitadores.

Así como en todos aqueles en que legalmente se determine o dereito á súa percepción.

Artigo 18º.-Plus de mina.

O persoal que realice o seu traballo na mina percibirá por día traballado a cantidade de 1.319 pesetas. Inclúese nesta cantidade o desprazamento.

Artigo 19º.-Plus de central.

O persoal que preste os seus servicios na central térmica percibirá un plus por día traballado de 348 pesetas.

Artigo 20º.-Plus de pistola.

Por día efectivamente traballado con pistola de auga a presión percibirase un plus de 466 pesetas.

Os seguintes traballos equipararanse, para efectos económicos, ó manexo de pistola de auga a presión:

- Aspirado de caldeira.

- Aspiración con equipo Munkebo.

- Pistoleado con hidrolimpadora de presión.

Artigo 21º.-Plus de varredora e outros pluses.

Os peóns que manexen varredoras automóbiles percibirán por día efectivo de traballo no dito posto un plus de 292 pesetas.

Os traballos realizados nos postos denominados, planta 2 de trituración, pozo de trituración, galerías (desde trituración a planta 6, e desde trituración a separación magnética), varanda de control, gorros chineses de cinza e cintas transversais de control, gorros chineses de cinza e contas transversais de parque de carbóns, devengarán un plus por día traballado de 194 pesetas.

Pola excepcional toxicidade o plus devengado na planta 6 será de 300 pesetas por día traballado.

Artigo 22º.-Traballos especiais e paradas programadas.

22.1. Caldeiras.

Os traballos especiais de caldeira realizaranse en dúas quendas de traballo diarias. Pola limpeza interior da caldeira completa, percibirase unha prima de 50.901 pesetas ou a parte proporcional ó tempo traballado na dita limpeza. Independentemente percibirase o plus de tóxico, penoso e perigoso.

22.2. Escavadoras e amoreadoras.

A limpeza de escavadoras e amoreadoras farase cos traballadores que habitualmente traballan na mina. Realizaranse cos que estean.

Pola realización destes traballos aboaranse 24 horas extras por máquina, cando se realicen en sábados, domingos ou festivos.

As horas de espera pagaranse a 1.023 pesetas, non entrando no cómputo das 24 horas mencionadas anteriormente.

A prima por máquina completa será de 3.637 pesetas.

22.3. Chemineas.

Establécese unha prima de 7.272 pesetas por tódolos conceptos. Se a limpeza se realiza fóra da xornada ordinaria pagaranse as horas extras que correspondan.

22.4. Manta e alimentadores.

Establécese unha prima de 2.494 pesetas por operario e servicio completo.

22.5. Colectores, precipitadores e conductos de gases de saída e circulación.

Establécese unha prima de 6.400 pesetas por estes traballos, aboándose a prima completa por liña de traballo realizada en precipitadores.

Artigo 23º.-Horas extraordinarias.

23.1. Horas extraordinarias habituais: supresión.

23.2. Horas extraordinarias esixidas pola necesidade de reparar sinistros ou outros danos de carácter extraordinario e urxentes: realización.

23.3. Horas extraordinarias estructurais e as necesarias por ausencias imprevistas: realización sempre e cando non sexa posible a substitución destas por contratacións temporais previstas na lexislación vixente.

23.4. As horas extras aboaranse a razón de 1.129 pesetas e poderanse compensar a razón de 1 día de descanso por cada 5 horas extras realizadas.

23.4. As horas extras en sábado, domingo ou festivo aboaranse a razón de 1.412 pesetas/hora, podendo compensarse a razón de 1 día de descanso por cada 4 horas realizadas.

Mensualmente parasaráselle ó comité de empresa unha relación nominativa das horas extraordinarias realizadas.

Artigo 24º.-Axuda de comida.

En concepto de suplidos establécese unha axuda de comida por importe de 810 pesetas por día traballado, para o persoal en xornada partida.

Artigo 25º.- Axudas de custo.

O importe mínimo para as axudas de custo establecidas no artigo 42 da ordenanza laboral é de 4.953 pesetas cando se teña que comer e pernoctar fóra do domicilio habitual, 2.979 pesetas cando se realicen as dúas comidas fóra do domicilio, e de 1.672 pesetas cando se realice unha soa comida.

Artigo 26º.-Pagamento de salarios.

Os salarios serán aboados nos tres primeiros días do mes, e o traballador disporá de unha hora de permiso para cobrar sempre que o pagamento se realice por cheque ou transferencia bancaria.

Artigo 27º.-Organización do traballo.

Tendo en conta a obrigatoriedade da empresa de realizar tódolos traballos establecidos nos contratos subscritos con Endesa para a limpeza industrial da central e da mina, en particular os que merecen especial mención no artigo 22º e a adscrición do persoal afectado polo presente convenio a eles, acórdase a execución, aíndá fóra da xornada normal de traballo.

A realización dos traballos fóra da xornada ordinaria de traballo farase con persoal voluntario dentro

de cada categoría e especialidade, completando con traballadores de libre designación cando os voluntarios non foran suficientes.

Ámbalas partes comprométense para que, tanto dentro da voluntariedade como na designación, se rote entre tódolos traballadores salvando as diferencias, propias de categoría e profesión.

A empresa, sen prexuízo da capacidade de organización que lle é propia, procurará rota-los traballadores por tódolos postos de traballo propios da súa categoría.

Artigo 28º.-Traballos de superior categoría.

Todo traballador que realice traballos de superior categoría por espacio de catro meses consecutivos ou seis alternos nun período de un ano, consolidará a retribución económica ó dito posto.

Artigo 29º-Promoción.

A empresa realizará cursos de formación e perfeccionamento do persoal, organizando estes a través dos representantes dos traballadores. Estes cursos, no caso de seren superados, servirán de mérito para valorar ascensos.

Independentemente do anterior, a empresa quedará obrigada a convocar prazas de ascenso, cando existan vacantes, mantendo unha relación porcentual entre as diferentes categorías. Acórdase crear unha comisión formada por dous representantes de cada unha das partes negociadoras do convenio, para, conxuntamente, definir porcentaxes.

Artigo 30º.-Seguro colectivo.

A empresa subscribirá unha póliza de accidentes coa seguinte cobertura:

Por falecemento derivado de accidente laboral ou enfermidade profesional... 3.500.000 ptas.

Por incapacidade permanente absoluta ou gran invalidez derivada de accidente laboral ou enfermidade profesional... 4.000.000 de ptas.

Para concerta-las novas pólizas, a empresa disporá ata o 28 de febreiro de 1995.

Artigo 31º.-Anticipos.

Todo traballador terá dereito a percibir anticipos a conta do traballo realizado, podendo chegar ata o 90% do salario mensual devengado. Considéranse datas hábiles para a súa solicitude os días 15 a 20 de cada mes, debendo solicitarse con, polo menos, un día laborable de antelación.

Artigo 32º.-Aboamento por incapacidade laboral por E.C. ou A.T.

No caso de I.T. por enfermidade común, a empresa complementará as prestacións ata o 100%, a partir do 8º día, dos seguintes conceptos: salario base, antigüidade, pluses de actividade, plus de mina e/ou plus de central, pagas extraordinarias e de participación en beneficios.

O complemento surtirá efectos sempre que as ausencias por I.T. non superen o 3%, en caso contrario o complemento aplicarase a partir do 15º día de baixa.

No suposto de baixa por accidente de traballo ou enfermidade profesional, darase o mesmo tratamento desde o primeiro día, pero respectando, en todo caso, as condicións máis favorables economicamente, se a aportación da S.S. supera a garantía anterior. Este mesmo criterio aplicarase nos casos de baixa con hospitalización, mentres permaneza internado.

Artigo 33º.-Roupa de traballo.

A empresa facilitaralles a tódolos traballadores desde o primeiro día de traballo, a roupa de protección e hixiene necesaria. Esta roupa daráselle igualmente ó persoal que estea de baixa por enfermidade ou accidente. A cada traballador faráselle entrega de:

1 chaqueta de auga acolchada

1 funda (2 central)

1 traxe de faena

2 toallas de baño

12 pastillas de xabón

1 par de zapatos de seguridade de coiro, cada seis meses

Entregaráselle unha funda a cada traballador que realice unha caldeira completa, rodete e graxa.

Artigo 34.-Xubilación.

No relativo á xubilación ós 64 anos haberá que aterse ó establecido na lexislación vixente, sendo compensada con 300.000 pesetas.

Establécese un premio por xubilación anticipada para os traballadores cunha antigüidade mínima de sete anos que decidan xubilarse voluntariamente de acordo coa seguinte escala, sempre que a xubilación supoña a amortización do posto de traballo:

Os 60 anos500.000 pesetas

Os 61 anos450.000 pesetas

Os 62 anos400.000 pesetas

Os 63 anos350.000 pesetas

Artigo 35º.-Préstamos reintegrables.

O persoal fixo poderá solicitar da empresa a concesión de préstamos reintegrables.

Estes préstamos terán como finalidade axudar ós traballadores nos supostos de gastos imprevistos ou extraordinarios e para tal efecto dotarase dun fondo social con 2.319.979 pesetas.

Elaboraranse os criterios para a concesión destes, que terán un límite de 115.998 pesetas por traballador.

Quedará a criterio da empresa a concesión ou non dos préstamos, así como o prazo de amortización, que non poderá supera-los dous anos.

Artigo 36º.-Garantías sindicais.

Os membros do comité de empresa disporán da reserva de horas mensuais que establezan as leis

para o desenvolvemento das súas funcións de representación.

As horas poderán acumularse nun ou en varios membros do comité, non computándose dentro do crédito horario as investidas na negociación de convenio ou por pedimento da empresa.

Artigo 37º.-Cota sindical.

A empresa por pedimento dos traballadores afiliados a unha central sindical, descontará en nómina o importe da cota mensual de afiliación, que será posta a disposición das centrais por esta. A solicitude será por escrito e permanecerá vixente mentres non se comunique o contrario.

Artigo 38º.-Asembleas.

Os traballadores dispoñerán dun máximo de 5 horas ó ano para asembleas, dúas das cales non poderán coincidir en ningún caso con xoves ou venres.

Artigo 39º.-Emprego.

Mentres se manteña a actual carga de traballo derivada da relación contractual con Endesa para a limpeza industrial da central términa e da mina, garantirase "ad personam" o emprego ó persoal procedente de FCC, durante a vixencia do presente convenio.

En todo caso, a empresa comprométese a utiliza-los mecanismos establecidos no artigo 52 da Lei 8/1980, do Estatuto dos traballadores para o despedimento colectivo.

Artigo 40º.-Revisión salarial.

Sempre que o IPC correspondente ó ano 1995, supere o 4% realizarase unha actualización de táboas salariais, exceptuando as horas extras, con vixencia desde 1-1-1995 a 31-12-1995, resultante da aplicación da diferencia entre o IPC real e o 4%.

Artigo 41º.-Comité de seguridade e hixiene.

Crearase un comité de seguridade e hixiene composto por catro membros dos cales dous serán traballadores en activo, elixidos polo comité de empresa, e os dous restantes designados pola empresa.

O comité de seguridade e hixiene terá as funcións que a lexislación lle atribúe, así como as que sexan validamente decididas polos seus membros.

Artigo 42º.-Condicións máis beneficiosas.

Os traballadores que, con anterioridade ó presente convenio, estean desfrutando de mellores condicións consideradas no seu conxunto en cómputo anual, que as aquí pactadas, conservarán as mesmas.

Cláusula adicional primeira.

Para o non previsto no presente convenio haberá que aterse ó disposto no convenio colectivo de limpeza de edificios e locais da Coruña.

Cláusula adicional segunda.

Os atrasos que se deriven da aplicación do presente convenio, serán satisfeitos como máximo na nómina do mes de abril.

Cláusula adicional terceira.

No suposto de negociarse e que se chegue a asinar un convenio colectivo das empresas auxiliares de Endesa das Pontes, no que participe na comisión negociadora a parte empresarial de Vulcarol, S.L., producirase a adhesión á este, sempre que así o decida a asemblea de traballadores deste centro de traballo, respectándose as condicións máis beneficiosas que a xuízo dos traballadores existan no actual convenio.