Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA), con domicilio en
Lugo, Cidade de Viveiro, 4-1º, en solicitude de autorización para instalar L.M.T. e C.T. en edificio Montero Crecente en San Bartolo-Barreiros, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.
O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:
Autorizar a BEGASA, a instalación de liña de media tensión aérea a 20 kV, de 412 metros de lonxitude. Liña de media tensión subterránea de 155 metros de lonxitude. Centro de transformación de 400 kVA 20.000, 398-230 V, en Barreiros.
Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.
Lugo, 24 de xaneiro de 1995.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo